Moi boas a todas e todos!
Por se aínda non estábades convencidos, hoxe daremos comezo a un pequeño repaso pola programación que temos prevista. Confiamos en que esta información vos sexa útil e dea pé a que vos inscribades no curso "PREPARATE PARA A DOCENCIA 2.0" que con tantas ganas e dedicación estamos a preparar.
O curso comezará o día 17 de xullo as 9:00h na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur ,onde nos coñeceremos e poderemos dar comezo a este breve pero intenso viaxe.
Tras a entrega do material, as 9:30h terá lugar a inauguración oficial do curso e a partires deste momento recomendamovos abrir ben os ollos e oídos para non perderse nada do que está por vir.
Gústanos empezar forte e por iso as 10:00h contaremos co profesor Miguel A. Carretero que nos falará das TIC como elemento clave na mellora do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Para quen non o coñeza, o profesor Miguel A. Carretero e profesor de Novas Tecnoloxías (NTIC) Aplicadas á Saude no Departamento de Enfermería da Facultade de Enfermería, Fisioterapia e Podoloxía, Universidade Complutense de Madrid. As súas principais liñas de investigación son: A aplicación das NTIC no ámbito da Saude; A sociedade da Información e o Coñecemento; e a Calidade e xestión nas organización. ben,
Comezando así de ben, non nos podemos permitir baixar o listón e por iso as 12:00h recibiremos a Jorge Soto, Profesor no Departemento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra (Universidade de Vigo). Jorge Soto foi investigador en diferentes proxectos tanto nacionais como internacionais entre os que destacamos: "Educación electrónica e Innovación estratégica: el reto de la Sociedad digital en la Escuela"; o proxecto "A Ponte" (An approach to the deployement of New Technologies in Education) financiado pola unión Europea; "Sistemas interactivos de Intervención pedagógica: modificaciones en la intervención derivadas de la no necesidad de coincidencia espacio-temporal del profesor y alumno"; e "Sistema Educativo de Galicia. Análisis de necesidades orientado a la definición de una experiencia pedagógica en Red". Este profesional da educación, que foi sexto nos Premios Educa Abanca na categoría de mellor profesor, dará voz ao apartedo que temos titulado coma "Creatividade e innovación nas aulas e na rede: pádese facer máis?".
Tras unha pequena parada para xantar, as 16:30h retomamos camino coa Mesa Redonda "O futuro da ensinanza 3.0, que opinan xs expertxs?" onde ademáis de reunir os dous profesionais mencionados con anterioridades (Miguel A. Carretero e Jorge Soto), contará coa presenza como moderadora de Raquel Mariño, Profesora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica na Área de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, unha profesional con amplio recorrido no seu campo e gran dedicación a súa labor.
Para rematar cun bo sabor de boca, Oscar Alfeirán, Técnico de marketing e community manager no Centro Superior de Hostelería de Galicia e profesor asociado de Difusión Cultural no grao de Difusión Cultural e Ciencias da Comunicación da USC, fará a súa intervención "Redes Sociais: Un recurso didáctico do novo milenio", un discurso digno de poñer o broche final a este primeiro día de curso.
E agora que sabedes un pouco máis sobre o que imos facer, a que esperades para apuntarvos a esta viaxe polo mundo da Docencia 2.0? Corre e matriculate xa, acompañanos nesta aventura e formate para o presente e o futuro!
Ata o próximo blog!
Comentarios
Publicar un comentario