Fin do viaxe, comezo dunha nova aventura.

MOI BOAS!😄😄

A piques de pechar o prazo de matriculación para o noso curso "PREPARATE PARA A DOCENCIA 2.0", traemovos unha nova entrada neste blog no que falaremos da programación prevista para o último día de curso, o día 20 de xullo.

Neste último o noso aprendizaxe xirará en torno da “Realidade das Plataformas de teleformación”, un tema que de seguro capturará a nosa atención e satisfará as nosas expectativas da man dos profesionais invitados.

Para comezar o día, as 10:00 h. falaremos dunha plataforma xa amiga como é Moodle. É dicimos xa amiga porque de seguro xa a coñecedes posto que se trata dunha das plataformas máis utilizadas para a xestión do aprendizaxe. De aí que a profesora Lorena Casal, Profesora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica de Área de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Ciencias da Educación da USC, veña a falarnos sobre "Os 10 segredos mellor gardados de Moodle". 

As 12:00 h. seguimos co obradoiro "Exelearning: creación de contidos dixitais propios" na compañía de Javier Rodríguez, Psicólogo do Traballo e Especialista Universitario en Internet e en Aplicacións á Educación e a Empresa. Este é outro dos temas clave do día, imprescindible para pechar o nosa aprendizaxe de forma plena.

Despois da pausa para a comida, as 16:30 h. reuniremonos para levar a cabo unha mesa redonda titulada "Non é Moodle todo o que reluce: Outras plataformas e recursos web" porque a pesar de que Moodle é unha das plataformas máis utilizadas, o certo é que existen outras opcións a ter en conta. Os relatores neste caso serán Laura Gutiérrez, Diplomada en Xestión e Administración Pública, especializada en deseño, xestión e dirección de proxectos e-learning; e Javier Rodríguez, Psicólogo do Traballo e Especialista Universitario en Internet e en aplicacións á Educación e a Empresa. Mentras que a moderadora será Natalia Novoa, Posgraduada en e-learning e redes sociais especializada no traballo con ferramentas e metodoloxía e-learning en FP para o emprego

As 18:30 h. levaremos a cabo o acto de clausura e a entrega de diplomas. Deste modo daremos por finalizada esta viaxe, pero recordarvos que esta tan só é unha etapa posto que o camino continúa con todos vos, no voso día a día, na vosa práctica diaria.

Esperamos que tras desvelar a programación que vos temos preparada queirades acompañarnos os próximos días 17, 18, 19 e 20 de xullo na Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur da USC e descubrir xunto a nos o mundo da Docencia 2.0.




📝CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN 📝


⏳O prazo para matricularse ábrese o 9 de maio e pecharase o 6 de xullo.

📌Campus de Compostela:
Área de Cultura – Casa da Balconada
Rúa Nova, 6
Teléfonos 881811018 e 881811103

📌Campus de Lugo:
Área de Cultura - Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
Teléfono 98221513

cursosdeveran@usc.es www.usc.es/cultura/veran


Oficina técnica (consultas):
           981939061
           678959438 (tamén WhatsApp)


Ligazóns de interese:
Facebook: @quelqum

Twitter: @Docencia2_0USC

A nosa páxina web: http://quelqum.com/


DEICA LOGO! 👋




Comentarios