A ruta cara a Docencia 2.0

Moi boas a todxs!


A tan só trece días para o comezo do noso curso "PREPARATE PARA A DOCENCIA 2.0" de seguro queredes seguirvos informando de cal será o programa que seguiremos e por iso, nesta mesma entrada comentarei a ruta que seguiremos durante o día 19 de xullo, o terceiro e penúltimo día de curso. 

Unha vez máis vemonos as 10:00 h. para comezar a quencer os nosos cerebros con contidos sobre a "Comunicación (feedback) en liña: foros, chats, videoconferencias, mensaxería rápida e moito máis". Todo da man de Laura Gutiérrez, Diplomada en Xestión e Administración Pública, especializada en Deseño, Xestión e Dirección de Proxectos e-learning. Unha gran profesional que nos mostrará os entramados desta nova forma de comunicación e as vantaxes que supón para a docencia.

Unha vez que as nosas mentes estén a punto, as 12:00 h. tocará falar dos "Titores 2.0: ferramentas para a creación de ambientes de aprendizaxe colaborativo" co profesor Miguel Nogueira, Profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Unha charla que promete non deixarnos indiferentes e da que seguro disfrutaremos.

Tras un descanso para a comida, as 16:30 h. voltamos a ter una estupenda mesa redonda na compaña de relatores da talla de Natalia Novoa, Posgraduada en e-learning e redes sociais especializada no traballo con ferramentas e metodoloxía e-learning en FP para o emprego e Miguel Nogueira, Profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Recaendo o papel de moderadora nas mans de Marina Mata, Pedagoga e Doutoranda en Equidade e Innovación en Educación, especializada en Formación e-learning e Xestión de Plataformas Virtuais. Con estes profesionais falaremos da "Titorización face to face: todo o que debes saber", una lección fundamental dentro do ámbito no que se entabla o presente curso.

E finalmente, tras un día de extraordinarias experiencias formativas, as 18:30 h. tocaremos o tema da "Titoría virtual: estratexias de comunicación e colaboración en rede" coa colaboración do excelentísimo profesional Oscar Alfeirán, Técnico de marketing e community manager no Centro Superior de Hostelería de Galicia e profesor asociado de Difusión Cultural no grao de Difusión Cultural e Ciencias da Comunicación da USC. O certo e que non se pode escoller mellor broche que este para redondear un día tan proveitoso.

E deste modo despediríamonos ata o día 20, onde se levará a cabo o último día de formación deste curso. Neses momentos o noso viaxe estaría chegando o seu fin e coas cabezas ben cheas e as ganas de máis ben altas agardaríamos o gran final.






CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN


O prazo para matricularse ábrese o 9 de maio e pecharase o 6 de xullo.

Campus de Compostela:
Área de Cultura – Casa da Balconada
Rúa Nova, 6
Teléfonos 881811018 e 881811103
Campus de Lugo:
Área de Cultura - Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
Teléfono 98221513

cursosdeveran@usc.es www.usc.es/cultura/veran


Oficina técnica (consultas):
           981939061
           678959438 (tamén WhatsApp)

🔗
Ligazóns de interese:
Facebook: @quelqum

Twitter: @Docencia2_0USC

A nosa páxina web: http://quelqum.com/


ATA MÁIS VER! 👋



Comentarios