Continuando o noso viaxe!

Ola a todas e todos!

Nesta entrada seguiremos explorando a gran oportunidade que nos ofrece o curso la Universidade de Veran da USC "PREPARATE PARA A DOCENCIA 2.0".

O día 18 de xullo, o noso segundo día de curso, comezaremos as 10:00 da mañá da man de Carlos Parada, enxeñeiro técnico en informática de xestión e sistemas. Este gran profesional especializado no ámbito 2.0 e a súa adecuación ao ámbito docente coa súa intervención "10 recomendacións e 20 erros dos mellores titorxs-formadorxs:guí de boas e malas praxes".

Máis tarde, as 12:00 falaremos do "Acompañamento integral ao alumno: experiencias didácticas e modelos pedagóxicos para romper barreiras espacio-temporais" co profesor Zósimo López Pena, docente da Facultade de Educación da Universidade Internacional da Rioja (UNIR) especializado en tecnoloxías aplicadas á docencia da lingua.

Tras unha pausa para comer, retomamos a sesión de tarde cunha interesante mesa redonda "Formación en liña: como manter a motivación do alumno e non morrer no intento" da más de grandes relatores que nos achegarán as súas experiencias e coñecementos.

Os profesionais que nos acompañarán serán:

  • Marina Mata, Pedagoga e Doutoranda en Equidade e Innovación en Educación, especializada en Formación e-learning e Xestión de Plataformas Virtuais.
  • Cristina Castro, Traballadora Social e formadora experta en proxectos de formación en modalidade e-learning.
  • Mª José Méndez, Profesora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica-Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación-Facultade de Ciencias da Educación - USC que actuará coma moderadora.
Despois da que seguro será unha experiencia enriquecedora, non podemos baixar o nivel e por iso oecharemos esta sesón co obradoiro "Escribindo o meu libro branco de titor 2.0" con Carlos Parada, un plan que promete e de seguro que cumple todas a as nosas expectativas.

E ata aquí o repaso pola programación do curso no seu segundo día de ruta. Esperamos que esta entrada vos fora de utilidade para coñecer máis a nosa oferta e que pronto teñamos noticias vosas.




CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN


O prazo para matricularse ábrese o 9 de maio e pecharase o 6 de xullo.

Campus de Compostela:
Área de Cultura – Casa da Balconada
Rúa Nova, 6
Teléfonos 881811018 e 881811103
Campus de Lugo:
Área de Cultura - Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
Teléfono 98221513


cursosdeveran@usc.es www.usc.es/cultura/veran

🔗
Ligazóns de interese:

Fcebook: @quelqum

Twitter: @Docencia2_0USC

A nosa páxina web: http://quelqum.com/

Oficina técnica (consultas):
           981939061
           678959438 (tamén WhatsApp)


DEICA LOGO! 👋


 

Comentarios