OLA A TODOS!
sede benvidos e benvidas a este este espazo online onde vos iremos adiantando alguna información sobre o curso "PREPARATE PARA A DOCENCIA 2.0" que vos propoñemos dentro da oferta da Universidade de Verán 2018 da Universidade de Santiago de Compostela.
Neste curso traballarase a nivel teórico-práctico para que as persoas asistentes adquiran as habilidades, competencias e destrezas necesarias para executar con éxito as labores de titoría en liña conseguindo aportar as ferramentas para facilitar e mellorar a labor de titoría. Co obxectivo ulterior de acreditar as competencias para que poidan exercer a labor de titor/a en liña e promover a figura do titor profesional.
DATOS DO CURSO:
O curso celebrarase durante os días 17, 18, 19 e 20 de xullo
Dirección a cargo de: Raquel Mariño Fernández e Natalia Novoa Torres
Secretarías: Mª José Méndez Lois e Marina Mata Rivas
Lugar de celebración: Facultade de Ciencias da Educación USC (Campus Vida)
Nº de horas lectivas: 30
Límite de alumnos: 120
Créditos e diploma de asistencia: 2 créditos*
*A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2018 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu estudantado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso.
Importe de la matrícula: 120 € para os cursos de 25 ou máis horas*
*A parte, todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non ter formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2017-18 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2017/18 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe de 16€.
UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO
CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN
O prazo para matricularse ábrese o 9 de maio e pecharase o 6 de xullo.
Campus de Compostela:
Área de Cultura – Casa da Balconada
Rúa Nova, 6
Teléfonos 881811018 e 881811103
Campus de Lugo:
Área de Cultura - Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
Teléfono 98221513
PROGRAMA
Día 17 de xullo: “Presente e futuro da formación a distancia”
9:00 h. Entrega de materiais
9:30 h. Inauguración oficial do curso
10:00 h. As TIC como elemento clave na mellora do proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Miguel A. Carretero, Profesor no Departamento de Enfermería da Facultade de Enfermería, Fisioterapia e Podoloxía, Universidade Complutense de Madrid.
12:00 h. Creatividade e innovación nas aulas e na rede: pódese facer máis?
Jorge Soto, Profesor no Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa da Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra, Universidade de Vigo.
16:30 h. Mesa Redonda: O futuro da ensinanza 3.0, que opinan xs expertxs?
Relatores: Miguel A. Carretero, Profesor no Departamento de Enfermería da Facultade de Enfermería, Fisioterapia e Podoloxía, Universidade Complutense de Madrid; e Jorge Soto. Profesor no Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa da Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra, Universidade de Vigo.
Moderadora: Raquel Mariño, Profesora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica-Área de Didáctica e Organización Escolar-Facultade de Ciencias da Educación - USC
18:30 h. Redes sociais: un recurso didáctico do novo milenio.
Oscar Alfeirán, Técnico de marketing y community manager en el Centro Superior de Hostelería de Galicia y profesor asociado de Difusión Cultural en el grado de Difusión Cultural y Ciencias de la Comunicación de la USC.
Día 18 de xullo: “Docente 2.0.”
10:00 h. 10 recomendacións e 20 erros dos mellores titorxs-formadorxs: guía de boas e malas praxes.
Carlos Parada, Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión e Sistemas especializado no ámbito 2.0 e a súa adecuación ao ámbito docente.
12:00 h. O acompañamento integral ao alumnado: experiencias didácticas e modelos pedagóxicos para romper barreiras espacio – temporais.
Zósimo López Pena, Profesor na Facultade de Educación da Universidade Internacional da Rioja (UNIR), especializado en Tecnoloxías aplicadas á docencia da lingua.
16:30 h. Mesa redonda: Formación en liña: como manter a motivación do alumnado e non morrer no intento.
Relatores: Marina Mata, Pedagoga e Doutoranda en Equidade e Innovación en Educación, especializada en Formación e-learning e Xestión de Plataformas Virtuais; e Cristina Castro, Traballadora Social e formadora experta en proxectos de formación en modalidade e-learning.
Moderadora: Mª José Méndez, Profesora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica-Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación-Facultade de Ciencias da Educación - USC
18:30 h. Obradoiro: Escribindo o meu libro branco de titor 2.0.
Carlos Parada, Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión e Sistemas especializado no ámbito 2.0 e a súa adecuación ao ámbito docente.
Día 19 de xullo: “Métodos, estratexias e ferramentas”
10:00 h. Comunicación (feedback) en liña: foros, chats, videoconferencias, mensaxería rápida e moito máis.
Laura Gutiérrez, Diplomada en Xestión e Administración Pública, especializada en Deseño, Xestión e Dirección de Proxectos e-learning.
12:00 h. Titores 2.0: ferramentas para a creación de ambientes de aprendizaxe colaborativo.
Miguel Nogueira, Profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica-Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación-Facultade de Ciencias da Educación - USC
16:30 h. Mesa redonda: Titorización face to face: todo o que debes saber.
Relatores: Natalia Novoa, Posgraduada en e-learning e redes sociais especializada no traballo con ferramentas e metodoloxía e-learning en FP para o emprego; e Miguel Nogueira, Profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica-Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación-Facultade de Ciencias da Educación – USC;
Moderadora: Marina Mata, Pedagoga e Doutoranda en Equidade e Innovación en Educación, especializada en Formación e-learning e Xestión de Plataformas Virtuais.
18:30 h. A titoría virtual: estratexias de comunicación e colaboración en rede.
Oscar Alfeirán, Técnico de marketing y community manager en el Centro Superior de Hostelería de Galicia y profesor asociado de Difusión Cultural en el grado de Difusión Cultural y Ciencias de la Comunicación de la USC.
Día 20 de xullo: “Realidade das Plataformas de teleformación”
10:00 h. Os 10 segredos mellor gardados de Moodle.
Lorena Casal, Profesora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica-Área de Didáctica e Organización Escolar-Facultade de Ciencias da Educación - USC
12:00 h. Obradoiro: Exelearning: creación de contidos dixitais propios.
Javier Rodríguez, Psicólogo do Traballo e Especialista Universitario en Internet e en Aplicacións á Educación e a Empresa.
6:30 h. Mesa Redonda: Non é Moodle todo o que reluce: Outras plataformas e recursos web.
Relatores: Laura Gutiérrez, Diplomada en Xestión e Administración Pública, especializada en deseño, xestión e dirección de proxectos e-learning; e Javier Rodríguez, Psicólogo do Traballo e Especialista Universitario en Internet e en aplicacións á Educación e a Empresa.
Moderadora: Natalia Novoa, Posgraduada en e-learning e redes sociais especializada no traballo con ferramentas e metodoloxía e-learning en FP para o emprego
18:30 h. Acto de clausura e entrega de diplomas.
Espero que a información aportada sexa de voso interese, animovos a escribirnos ao correo facilitado para solventar calquera dubida.
DEICA LOGO!
Comentarios
Publicar un comentario